En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, o Concello de Carballo infórmalle de que os seus datos identificativos son os seguintes:
Denominación social é Concello de Carballo
P1501900C
Domicilio social: Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña)
Teléfono: 981 704 100
FAX: 981 702 858
Correo electrónico a efectos de comunicación: info@carballo.org
Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e o Concello de Carballo consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.
CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular o Concello de Carballo.
A navegación pola web do Concello de Carballo atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, o Concello de Carballo condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumplimentación do correspondente formulario.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence ao Concello de Carballo, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.
O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao Concello de Carballo e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte ao Concello de Carballo ou fronte a terceiros, de calquera dano e prexuízo que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dita obriga.
POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
O Concello de Carballo non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través das ligazóns establecidos na súa website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.
O Concello de Carballo declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, aos usuarios da súa website, puideran derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, o Concello de Carballo non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir o usuario.
USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Únicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.
A estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo Provedor de Servizos de Internet do Concello de Carballo. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións más visitadas. O Concello de Carballo non utiliza cookies para recoller información dos usuarios desde a súa páxina web nin rexistra os seus enderezos IP.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á website do Concello de Carballo non será preceptiva a instalación de cookies.
PROTECCIÓN DE DATOS
Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello de Carballo con domicilio na Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade de dito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que o Concello de Carballo poida efectuar nun futuro.
Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza que se lle envíe información e comunicacións comerciais a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos produtos e servizos da empresa.
Así mesmo, o Concello de Carballo cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou teñan deixado de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
O usuario poderá revocar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Concello de Carballo, no seguinte enderezo Praza do Concello, s/n. 15100 Carballo (A Coruña), ou ben a través do seguinte correo electrónico info@carballo.org, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.
O Concello de Carballo adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.