Descubertas as augas a principios do século XVIII, os baños de San Xoán de Carballo, coñecidos durante un longo período co nome de baños de Bértoa da Lagoa, son xa nomeados na temperá data de 1729 nunha obra de veterinaria escrita por Fernando Sande y Lago. A mediados dese século, o catedrático de cirurxía da Universidade de Santiago, P. Gómez de Bedoya, dedícalles un capítulo baixo o nome de «baños de Bértoa», nun volume dos dous publicados da súa historia das augas minerais españolas (Gómez de Bedoya, 1764).
Xa no século XIX, o dicionario xeográfico de Sebastián de Miñano atribúelles a paternidade dos baños aos árabes. Anos despois, no máis coñecido dicionario de Pascual Madoz, nun apartado dedicado ás augas minerais da provincia da Coruña, sinálase que a construción do pozo que serve de baño en Carballo se remonta a tempos moi remotos (Madoz, 1986).
No século XX, na coñecida obra de Carreras y Candi, pero da man de Eugenio Carré Aldao, recóllese tamén parte desta historia, aínda que obviando por completo o episodio da escavación que dá pé ao seu descubrimento (Carré, 1936).
Por fin, a primeira vez que aparece sinalada a posible orixe romana do balneario de Carballo na bibliografía historiográfica é nun pequeno artigo do profesor Luis Monteagudo, no que aseguraba ter oido dicir que na zona do mercado da vila apareceu hai moitos anos unha fonte subterránea cuberta de bóveda á cal se accedía por escaleiras (Monteagudo, 1955).
Neste último basearanse diversos autores para manexar, algún deles con moita reserva, a orixe romana do establecemento (Mora, 1981 ; Diez de Velasco, 1985; Blázquez y García-Gelabert, 1992).
Os documentos atópanse no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña), e forman parte dun expediente xudicial do seu fondo principal, o da Real Audiencia e Audiencia Territorial de Galicia.
A toma de conciencia da existencia dun edificio soterrado no lugar de Bértoa da Lagoa é progresiva, e pódense destacar tres momentos no proceso: o do descubrimento do manancial, en 1716; un espolio do xacemento levado a cabo no ano 1763; e, finalmente, a escavación de 1777.
Non hai resto físico que poida avalar hoxe en día a existencia na vila de Carballo dun establecemento de baños na antigüidade. Non obstante, a presenza actual dun moderno balneario na rúa da Estrela desa localidade, coñecido como <<Baños Viejos de Carballo>> delata a súa localización en tempos antigos.
O cirurxián Pedro Calvo de Castro é quen nos informa acerca do ocorrido en 1716. Nun informe relata que dous veciños, movidos pola crenza de que nun montículo que exhalaba fumes había un tesouro ou mina, comezaron a escavar ata que atoparon unha arqueta. Crendo que debaixo encontrarían algo de valor, seguiron profundando ata que deron co manancial que nutría o espazo de pedra.
A consecuencia deste achado arranxouse a arqueta, e foi fundada unha capela avogada á Virxe da Estrela e tamén un hospital para pobres que servise de albergue para os que se fosen bañar.
O hospital permaneceu en activo en condicións precarias ata que en 1763, aproveitando o abandono no que se atopaban as instalacións, o cura de San Xoán de Carballo levantou unha casa a carón mesmo do baño. Postos algúns veciños ao labor de abrir os alicerces da nova construción, por orde do cura, toparon con muros enterrados e, pensando outra vez no tesouro, puxéronse a escavar. Esta actividade deu lugar a unha denuncia. En consecuencia, paralizouse a actividade furtiva.
O cura non desistiu no seu empeño de edificar a casa, o que finalmente conseguiu. E ademais abriu unha porta que comunicaba a casa co baño de maneira directa.
En 1777, Antonio Basilio de Aldao, dono das instalacións, presentou unha denuncia contra o cura de Carballo, en que expoñía os graves prexuízos que a casa ocasionaba.
Para revisalo foron enviados pola Real Audiencia un médico e un arquitecto (Miguel Ferro Caaveiro). Logo da escavación, tanto o médico e o xuíz – testemuñas presentes – así como o arquitecto ilustrado, non escatiman loanzas nin deixan ocasión para a dúbida da autoría romana dos restos.
Revela a importancia do achado o feito de que o xuíz notifica por carta o descubrimento ao gobernador do Real Consello, D. Manuel Ventura Figueroa, figura emblemática do século XVlll español.
O deseño de Ferro Caaveiro representa a planta de catro construcións: o edificio antigo obxecto da escavación, a casa que motivou o preito, a arqueta e muros que a rodean, e a capela e hospital para pobres fundados a principios de século.
O edificio desenterrado, marcado cos números 2 e 3, aparece dividido en dúas partes pola casa edificada enriba. As dúas áreas escavadas aparecen unidas polo que semella unha cata.
Segundo se desprende do analizado por Ferro Caaveiro e unha investigación posterior, trátase dun edificio que acada 21 m x 23’5 m, resultando en teoría unha superficie cuberta moi próxima aos 500 m2.
Trátase dunha estancia aparentemente rectangular (7’4 m x 9 m como mínimo / 66 m2) delimitada por paredes moi ben argamasadas. O muro esquerdo ten un grosor que chega a acadar os 2’1 m de anchura debido á presencia no mesmo de catro contrafortes de sección cadrada (1 ’25 m x 1’25 m).
Muros de semellante potencia servirían, en principio, para contrarrestar os empuxes dunha bóveda que cubriría a estancia en sentido lonxitudinal. No seu interior esta estancia acolle unha piscina que a ocupa case por enteiro, alomenos na parte que nos amosa o plano. Coma un sistema de desaugue pode ser interpretado o conducto que aparece representado no extremo inferior esquerdo da piscina e que partindo do seu fondo se dirixe cara ó muro oeste do edificio, cruzándoo e saíndo ao exterior.
Son os restos do hipocausto dunha clásica instalación termal. A única abertura que presenta está situada ó fondo, na parede oeste. Este vano, de 0’8 m de anchura, correspóndese claramente cun praefurnium. No interior da estancia, aparecen dous pequenos muretes (0’8 m x 0’5 m o dereito e 0’7 m x 0’5 m o esquerdo) que delimitan un espazo escasamente superior 64 m2. Estes muros serían o soporte dun alveus, ou bañeira común, colocado como é preceptivo xusto enriba do foco de calor principal.
Da presencia destes elementos parece desprenderse que nos atopamos ante un caldarium que estaría delimitado polos outros dous muros internos, que servirían de basamento da parede que separaría esta estancia da seguinte. Estes muros presentan unha abertura entrambos que deixaría pasar o aire quente dunha estancia a outra, ademais de catro condutos que formarían parte do sistema de tiro do hipocausto.
Un espazo rectangular cunha superficie total que superaría en pouco os 90 m2. Como se di nos informes a súa escavación non se fixo de maneira completa. Descoñecemos outros datos salvo o de que os seus esquinais estarían reforzados con cantería. Na cara norte presenta dous tramos de distinta anchura. Nun primeiro tramo, os peches dan como resultado unha superficie algo superior aos 25 m2. Logo aparece un segundo tramo que está dividido en dous cara ó interior polo arranque doutro muro. Habería pois unha hipotética segunda estancia duns 16 m2 e a continuación outra da que descoñecemos a súa superficie. A parede que comparte coa estancia central presenta catro contrafortes con disposición regular. Cabe a hipótese de que o espazo existente entre estes contrafortes estivese pechado a unha certa altura (a modo das hornacinas do suposto apodyterium dos baños de Lugo, ou como en Munigua, Ampurias, Baetulo ou Los Bañales) (Mora, 1981).

Os datos, aínda que escasos, falan claro no sentido de que a obra responde á tradición construtiva romana, que aproveita os materiais autóctonos.
Destacan as paredes, ben argamasadas e que van reforzadas por pezas de cantería nos seus esquinais. A técnica do reforzamento de muros de cachotería unida con argamasa mediante o uso de cantería ben escuadrada nos esquinais é habitual na construción romana.
As únicas referencias a materiais cerámicos son unhas tellas (tellóns). Estes poderían ser interpretados ben coma tégula plana de reborde en calquera dos seus tipos (empregadas nos tellados), ben coma ladrillos de entalla dos utilizados na construción de arcos e bóvedas.
Respecto ás posibles cubricións das estancias, estiveron cubertas de bóveda de rebo. A voz rebo é sinónimo dun tipo particular de cachotería, a constituida por laxes delgadas de pedra cortadas por unha soa cara.
Os peritos destacan a cantería, ao seu parecer perfecta, coa que está feito. Dos documentos de referencia tamén se sinala o que denominan "baño principal" como o exemplo máis claro.
Parece clara a existencia de dous tipos de auga, quente e fría, procedente de distintos mananciais.
O da arqueta mana alí mesmo, mentres que outros parecen transportados ata alí por tubaxes ou condutos dos que se descoñece a procedencia e a antigüidade. O que si está claro é que as súas temperaturas son diferentes, apúntase a necesidade de refrixerar a auga que mana do fondo da arqueta debido a súa excesiva temperatura (temos constancia de que en 1811 a auga da arqueta manaba a 20ºC, e actualmente a 42°C). Cabe tamén a posibilidade de que algún deles servise para alimentar o alveus do caldarium e outros posibles baños existentes nas instalacións.
Foi a raíz do achado das fontes sobre o balneario romano de Carballo, e pola necesidade de encaixar este establecemento dentro do conxunto viario da provincia da Coruña, cando xurdiu a necesidade de realizar un novo achegamento á vía Antonina que, aínda a día de hoxe, segue a carecer dun trazado definitivo. Para referendar as hipóteses, tómase como recurso a metodoloxía proposta polo enxeñeiro de camiños Nardiz Ortiz, así como o exposto en diversos estudos, teóricos e prácticos, sobre as vías romanas: se temos dous puntos dunha mesma vía, considerados fixos, deberiamos unilos nun hipotético trazado ideal mediante unha liña recta, para logo intentar localizar os puntos de reconsideración do camiño, xa que con probabilidade terá que abandonar a recta ideal.
Braga-Carballo e Carballo-Lugo
Aplicando a metodoloxía a puntos de paso coñecidos da vía XX (Braga – Caldas – Carballo – Lugo) obtense unha vía artellada en dous grandes tramos: Braga-Carballo e Carballo-Lugo.
O primeiro segmento (Braga-Carballo) fundaméntase en dispoñer da depresión meridiana coma un corredor natural, percorréndoo na súa totalidade de Tui a Carballo.
O segundo segmento (Carballo-Lugo) resulta factible dende o punto de vista teórico e práctico, xa que é posible a existencia dun camiño directo e rectilíneo como ningún entre Carballo e Lugo. Este pasaría por enriba dos nacementos dos ríos, nun terreo elevado, que si podería alcanzar Lugo nos 130 km aproximados que o itinerario sinala entre Glandimirum (Carballo) e Lucu Augusti (Lugo).